Nin o atraso do partido por un caso positivo en coronavirus, nin a baixa sensible de Laurynas Birutis foron quen de frear o Obradoiro.
Os de Moncho Fernández gañaron na casa 101-94 ante todo un San Pablo Burgos nun partido moi igualado no que o mellor parcial foi obradoirista e chegou no último cuarto. No primeiro 22-19, 22-24 ao descanso, 25-25 no terceiro e o derradeiro 32-26
Destacados Henry Ellenson, máximo anotador con 23 puntos e 18 de valoración; así como Thomas Scrubb con 21 puntos e 23 de valoración.
O Obradoiro colle alento con esta vitoria sobre o Zaragoza despois de
tres derrotas consecutivas. A mellor versión dos de Moncho Fernández
viuse no primeiro cuarto.
O partido comezaba con acerto desde a liña de tres, unha das eivas
que viñan sufrindo nos últimos partidos. Con iso e co xogo interior de
Birutis asinaban un primeiro cuarto impecable, cunha vantaxe de 13
puntos.
Todo cambiou no segundo cuarto, cun a 0 a 10 de parcial a favor do
Zaragoza en apenas 4 minutos. Cun Obradoiro que só foi quen de anotar 9
puntos, os visitantes dábanlle a volta ao partido e poñíanse dous por
diante.
Tralo descanso, os locais conseguiron recuperar as sensacións do
comezo. Birutis seguiu sostendo o equipo co dominio do xogo interior. Os
tiros de tres volvían entrar. Elleson, Hobbs e Scrubb anotaban desde a
liña de 6.75. O Obradoiro chegaba ao ultimo cuarto 7 puntos por diante.
O Zaragoza reduciu a diferenza a só 4 puntos con 28 segundos para o
final, pero unha falta antideportiva do turco Sipahi poñía o partido nas
mans do Obradoiro. Ao final, 87- 82. Con 4 vitorias e 7 derrotas, os de
Moncho Fernández igualan ao Zaragoza, un rival directo na
clasificación.
O Monbús Obradoiro perdeu en Bilbao nun duelo moi igualado que se decidiu no treito final (80-76).
O equipo galego comezou moi ben o partido cun parcial de inicio de
2-11 pero Bilbao reaccionou e ao final do primeiro cuarto situouse a só
catro puntos (12-16). No segundo parcial Obradoiro volveu dar un chimpo
marchando por riba dos dez puntos cun 12-23. Bilbao volveu reaccionar e,
cun parcial de 14-3 colleitaba a primeira vantaxe do partido (32-31).
Ao descanso o resultado era de máxima igualdade (40-40).
No terceiro cuarto o partido mantivo a igualdade con constantes
empates e ningún dos dous equipos logrou vantaxes de máis de catro
puntos. Todo quedou pendente do último cuarto no que Bilbao estivo máis
atinado. Unha tripla de Hakanson a 4 minutos do final poñía un +6
(71-65) que xestionaron os locais ata conseguir o triunfo.
Bilbao e Obradoiro quedan empatados con 3 triunfos na zona baixa da clasificación.
Vitoria do Obradoiro con polémica final, os do Betis protestan este rebote entre Brown e Suárez, no que os árbitros indicaron salto entre dous. Faltaba un minuto e Obradoiro ía dous arriba. A posesión foi para os galegos que engancharon un parcial de 9-0 que esnaquizou o encontro. 76-87 foi o resultado final.
Obradoiro racha cunha xeira de dúas derrotas e faino -amáis- na cancha dun rival directo
O Miudiño
volveu soar con forza no Sar. Por vez primeira en moito tempo todos os
socios puideron asistir ao partido e o seu apoio notouse dende o
primeiro momento. O Obradoiro saíu moi enchufado e deseguida comezou a
abrir oco no marcador liderado por un gran Birutis, decisivo nas dúas
pinturas. Ao descanso gañaban por 20 os composteláns 51-31.
No
segundo tempo apareceu unha certa relaxación no Obradoiro, lóxica tendo
en conta o marcador e que o Fuenlabrada non deu sinais de reacción ata
os derradeiros dez minutos. Venceron ese cuarto e deixaron a diferenza,
que chegou a ser de máis 29 para os galegos, en 12: 93-81.
Robertson,
con 21 puntos, foi o máximo anotador do Obradoiro. O MVP do partido, e
quen sabe se da xornada, recaeu en Birutis: 20 puntos, 12 rebotes e 4
tapóns para un total de 30 de valoración. Dous partidos no Sar esta
temporada e dúas vitorias, a Caldeira vai ser chave para acadar o título
da permanencia unha temporada máis.
Primeira vitoria do Obradoiro nesta Liga. Foi no Sar fronte ao Joventut. Un
triunfo agónico logrado nos instantes finais, que le puido brindar a un
público entregadoUnha canastra de Thomas Scrubb sobre a bucina deulle a
vitoria aos de Moncho Fernández. O inicio do partido, iso si, foi do
Joventut, con Vives e Tomic coma principais referencias no ataque da Penya.
Pero soubo reaccionar o equipo santiagués. Atopou no segundo cuarto o acerto
que lle faltou, especialmente dende a liña de 3 puntos e con Ellenson como
home máis inspirado. O encontro chegou igualado ao descanso. A remonta
comezou no terceiro cuarto. O Obra logrou reter a vantaxe no cuarto coa
canastra que desfixo a igualada no derradeiro segundo.
Partido correspondiente a la jornada 1 de la Liga Endesa, disputado en el Pabellón José María Martín Carpena el domingo 19 de de Septiembre ante 3.368 espectadores.
<<>>
FICHA TÉCNICA
Unicaja 91: Jaime Fernández (24), Norris Cole (14), Bouteille (18), Barreiro (4), Eric (10) -quinteto inicial-. Alberto Díaz (0), Abromaitis (11), Alonso (6), Nzosa (1), Pablo Sánchez (-), Guerrero (-), Vicedo (0).
O Obradoiro comezou a Liga ACB cunha derrota en Málaga 91-79. O Unicaja,
liderado por un gran Jaime Fernández, non deu opción aos de Moncho
Fernández en case ningún momento. Agás nos primeiros minutos do
encontro, os andaluces marcaron o ritmo dende a liña de tres. Pero o
Obradoiro nunca baixa os brazos e malia chegar a verse 20 puntos por
detrás tirou de Robertson e achegouse ata o punto de que Katsikaris tivo
que parar o choque. Pero aí volveu aparecer Jaime Fernández, e con
cinco puntos consecutivos evitou os problemas. Jaime Fernández rematou
con 24 puntos e 34 de valoración. No Obradoiro, o máis destacado foi
Okuo, con 17 puntos e seis rebotes.
Partido correspondiente a la jornada 37 de la Liga Endesa, aplazado en el mes de enero, disputado en el Multiusos Fontes do Sar, con 1.164 espectadores.
Volver maís dun ano despois ao Sar ten as súas dificultades. Sobre todo se por razóns de seguridade che cambiaron o sitio. Pode que fagas novas amizades ou que esteas só, só pero feliz. Ben pagaba a pena inmortalizar a tarde en que o público volvía ao pavillón. Pero as olladas estaban postas en Moncho.
O pavillón deulle unha agarimosa ovación para recibilo por aquilo de que puidera ser a última vez que o vía, porque o contrato está aínda sen renovar. Emocionouse o adestrador pero en canto o balón se puxo en movemento vimos o Moncho de sempre. Pedindo intensidade, dando instrucións e, por suposto, protestando. Porque o partido foi emocionante de principio a fin.
O Obradoiro tivo vantaxe case todo o partido, pero o Murcia púxose por diante no terceiro cuarto. Tan igualada foi a cousa que se resolveu na prórroga. O Obradoiro regaloulle aos seus fieis cinco minutos máis, o mínimo logo dun ano de ausencia, que se resolveron cunha tripla no último segundo, iso si, do Murcia.
Malia a derrota, foi un día feliz no Sar para os 1300 socios que conseguiron a entrada. Queda un partido aínda, pero moitos deste equipo non volverán xogar no Sar. Ao final, coma ao principio, as olladas, o agarimo e e a ovación foron sobre todo para Moncho Fernández.