Partido correspondiente a la jornada 37 de la Liga Endesa, aplazado en el mes de enero, disputado en el Multiusos Fontes do Sar, con 1.164 espectadores.
Volver maís dun ano despois ao Sar ten as súas dificultades. Sobre todo se por razóns de seguridade che cambiaron o sitio. Pode que fagas novas amizades ou que esteas só, só pero feliz. Ben pagaba a pena inmortalizar a tarde en que o público volvía ao pavillón. Pero as olladas estaban postas en Moncho.
O pavillón deulle unha agarimosa ovación para recibilo por aquilo de que puidera ser a última vez que o vía, porque o contrato está aínda sen renovar. Emocionouse o adestrador pero en canto o balón se puxo en movemento vimos o Moncho de sempre. Pedindo intensidade, dando instrucións e, por suposto, protestando. Porque o partido foi emocionante de principio a fin.
O Obradoiro tivo vantaxe case todo o partido, pero o Murcia púxose por diante no terceiro cuarto. Tan igualada foi a cousa que se resolveu na prórroga. O Obradoiro regaloulle aos seus fieis cinco minutos máis, o mínimo logo dun ano de ausencia, que se resolveron cunha tripla no último segundo, iso si, do Murcia.
Malia a derrota, foi un día feliz no Sar para os 1300 socios que conseguiron a entrada. Queda un partido aínda, pero moitos deste equipo non volverán xogar no Sar. Ao final, coma ao principio, as olladas, o agarimo e e a ovación foron sobre todo para Moncho Fernández.
Os de Moncho Fernández lograron a undécima vitoria desta campaña ante un Andorra que non aguantou o ritmo dos santiagueses no derradeiro cuarto.
Nos dous primeiros actos, o partido estivo certamente igualado e con pequenas diferenzas a prol dos galegos. Czerapowicz marcaba o ritmo anotador e acabou con 17 puntos e 24 de valoración.
Mentres, no equipo visitante, tan so Senglin e Parakouski eran quen de soster ao seu equipo, castigado pola COVID estas semanas, igual que o Obradoiro padeceu a pandemia hai un par de meses.
Jelineck, con 8 puntos, converteuse no máximo anotador do Andorra na ACB e Beliauskas, polo bando local, foise ata os 15 puntos. Birutis axudou con 10 no día no que regresaba ao parqué do Sar Kasius Roberson.
Gañaban os de Moncho por trece no terceiro cuarto, pero nos últimos dez minutos, o atasco ofensivo dos de Ibón Navarro foi histórico. So anotaron seis puntos. Plácido final para os obradoiristas.