martes, 15 de febrero de 2022

Monbus Obradoiro Vs Morabanc Andorra /// Jornada 22 Temporada 21-22

 


Partido correspondiente a la jornada 22 de la Liga Endesa, disputado en el Fontes do Sar, ante 3.970 espectadores.

<<>>


FICHA TÉCNICA:

Monbus Obradoiro 81: Hobbs (15), Robertson (6), Scrubb (22), Ellenson (12), Birutis (19) – quinteto inicial – Vicedo (-), Okouo (0), Zurbriggen (2), Oliver (1), Beliauskas (2), Muñoz (2) y Suárez (0)

MoraBanc Andorra 73Hannah (9), Miller-McIntyre (21), Nakic (0), Llovet (5), Diagne (8) – quinteto inicial – Paulí (2), Crawford (5), Colom (-), Morgan (1), Arteaga (14) y Mekel (8).

Árbitros: Jordi Aliaga, Juan de Dios Oyón y Cristóbal Sánchez. Eliminaron por faltas a Clevin Hannah, del MoraBanc Andorra

Parciales: 24-14, 22-21, 11-26 y 24-12




::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::


O Obradoiro sumou un triunfo fundamental diante de Andorra, un rival directo na pelexa pola permanencia. Logo dun gran primeiro tempo parecía que todo o traballo se ía ao traste nun terceiro período nefasto. A mellor versión dos santiagueses apareceu no intre decisivo para remontar e acadar a sétima vitoria da temporada. 

A posta en escena resultou inmellorable. Scrubb, Birutis e Ellenson asociábanse de tal xeito no primeiro cuarto que Andorra non atopaba o xeito de parar o trío máxico do Obradoiro (24-14). No segundo apareceu un Hobbs moi discreto ata o de agora na temporada para manter a diferenza e chegar ao descanso por riba dos dez puntos (46-35).

Todo mudou á volta do vestiario. Diagné e Mekel, dous actores secundarios de Andorra, convertéronse en estiletes e o Obradoiro non atopaba o camiño do aro contrario. A boa defensa do primeiro tempo esvaeceuse e deixou un preocupante 57-61 para os andorranos. 

No último cuarto o Obra recuperou as súas mellores virtudes. Remontou ao comezo cun parcial de 6-0 e desde a defensa comezaron a recuperar o camiño perdido. O incansable Scrubb (22 puntos en 37 minutos) atopou bos socios en Hobbs (15 puntos e 9 asistencias) e Birutis. Conseguiron darlle a volta ao resultado e acadar unha vitoria que vale o seu peso en ouro. 

-TVG-

Crónica ACB


<<>>

martes, 25 de enero de 2022

Monbus Obradoiro Vs Río Breogán /// Jornada 16 Temporada 21-22

 


Partido correspondiente a la jornada 16 de la Liga Endesa, disputado en el Fontes do Sar, ante 4.572 espectadores.


<<>>



FICHA TÉCNICA:

Monbus Obradoiro 100: Hobbs (11), Robertson (21), Scrubb (13), Ellenson (13), Birutis (26) – quinteto inicial – Vicedo (0), Okouo (4), Zurbriggen (9), Oliver (0), Beliauskas (-), Muñoz (0) y Suárez (3)

Río Breogán 83Bell-Haynes (24), Sergi Quintela (7), Musa (20), Lukovic (14), Mahalbasic (6) – quinteto inicial – Urtasun (-), Kacinas (0), Kalinoski (4), Jankovic (-), Sakho (0), Erik Quintela (4) y Cruz (4)

Árbitros: Emilio Pérez Pizarro, Francisco Araña y David Sánchez. Eliminaron por faltas a Braydon Hobbs y a Fernando Zurbriggen, del Monbus Obradoiro.

Parciales: 29-27, 22-13, 25-21 y 24-22.











::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::



Obradoiro recolleu un gran triunfo no derbi galego ante o Breogán no medio dun ambiente de baloncesto extraordinario (100–83). O Breo tentaba asegurar a clasificación para a Copa, pero terá que agardar a terceiros resultados para que sexa matemática.

O primeiro cuarto foi o único igualado. Lukovic, Bell Haynes e Sergi Quintela anotaban con facilidade para o Breogán e Birutis comezou o seu recital particular con dez puntos no primeiro acto (29–27).

Moncho Fernández: "Gañamos a un equipo que xogará a Copa, que deixou fóra a un equipo de Euroliga"

Oriol Comas: "Tiñan máis ganas ca nós desde o principio. Pasáronnos por riba"

Pero Obradoiro aumentou a intensidade defensiva no segundo cuarto. Dominadores do rebote, foron marchando no marcador ata poñerse por riba dos dez puntos (47–38). Ao descanso o resultado era de 51–40 e Birutis xa se manexaba con dezasete puntos e sete rebotes. 

No terceiro cuarto marchou Obradoiro. Con Scrubb en estado de graza (once puntos) o equipo de Moncho Fernández chegou a ter 21 puntos de vantaxe (67–46). O Breogán tirou de garra para recuperar no marcador pero nunca tivo opcións de meterse no partido. 

De feito, no treito final o Obradoiro volveu estar no limiar dos vinte puntos e festexou un triunfo que levaba tempo agardando. 

-TVG-



Cronica ACB

<<>>