Partido aplazado correspondiente a la jornada 10 de la Liga Endesa, disputado en el Multiusos Fontes do Sar, a puerta cerrada.
<<>>
FICHA TÉCNICA
Monbus Obradoiro 83: Pozas (6), Robertson (14), Muñoz (13), Cohen (12), Birutis (13) – quinteto inicial – Oliver (0),Beliauskas (10), Rafa García (0), Enoch (0), Daum (13), Czerapowicz (2) y Suárez (-).
Club Joventut Badalona 87: Dimitrijevic (5), López-Arostegui (9), Ventura (8), Morgan (0), Tomic (15) – quinteto inicial – Ribas (20), Brodziansky (13), Parrado (-), Bassas (11), Zagars (0), Birgander (6) y Parra (0).
Árbitros: Óscar Perea, Luis Miguel Castillo y Yasmina Alcaraz.
Parciales: 17-21, 15-19, 27-15 y 24-32.
Dous minutos e medio antes do final, o Obradoiro gañaba por 83-76 e todo apuntaba a que ía rachar a serie de derrotas das últimas xornadas. Pero un parcial de 0-11 a prol do Joventut fixo máis fonda a crise obradoirista con unha derrota que doe moito.
O Obradoiro comezou ben o partido pero un parcial de 0-9 no treito final do primeiro cuarto fixo que o Joventut collese o mando (17-21). O atasco prolongouse no segundo cuarto cando Ribas cunha tripla (25-33) acendeu as alarmas no Obradoiro. Ao descanso chegaba o equipo de Moncho Fernández oito abaixo e con malas sensacións.
No terceiro cuarto comeza a ter fluidez en ataque o equipo galego o que lle permite meterse no partido. Recurta diferenzas ata que Daum consegue empatar o partido (51-51, m28) e mesmo as triplas de Beliauskas e Cohen no treito final permítenlle volver a poñerse por diante (59-55). Co mando obradoirista pero sen rachar o partido transcorre o último cuarto ata que Robertson con catro puntos seguidos pon o 83-76 a 2:40 do final.
Nese intre trocou a sorte do Obradoiro. Unha tripla de Ventura e outra de Ribas igualan o partido. No último minuto Tomic anota a canastra que pon a Joventut por diante (83-84). Pozas e Birutis tiveron opción para poñer ao Obra por diante pero fallaron os tiros e Joventut sentenciou con outra tripla de Ventura.
Obradoiro: Muñoz 13, Oliver, Beliauskas 10, Birutis 13, Enoch, García, Daum 13, Robertson 14, Cohen 12, Czerapowic 2, Pozas 6
Joventut: Dimitrijevic 5, Ribas 20, López Aóstegui 9, Morgan, Brodziansky 13, Ventura 8, Bassas 11, Zagars, Birgander 6, Parra, Tomic 15.
-TVG-
Crónica en ACB
No hay comentarios:
Publicar un comentario