<<>>
FICHA TÉCNICA
Monbus Obradoiro 78: Ozmizrak (3), Daum (14), Robertson (14), Cohen (7) y Suárez (7) – quinteto inicial -, Muñoz (15), Beliauskas (10), Birutis (2), Enoch (6), Czerapowicz (-), García (-), Oliver (-).
TD Systems Baskonia 87: Jekiri (8), Henry (7), Sedekerskis (4), Giedraitis (12) y Polonara (5) – quinteto inicial -, Vildoza (23), Fall (10), Peters (10), Diop (-), Dragic (8), Kurucs (-).
Árbitros: Hierrezuelo, Araña y Baena.
Parciales: 20-18, 19-22, 25-18 y 14-29.
O Obradoiro aguantou ata os últimos minutos pero acabou perdendo diante do Baskonia por 78-87.
O primeiro cuarto foi de alternativas cunha boa saida do vixente campión de liga (7-11) que atopou unha gran resposta do equipo santiagués grazas a un parcial de 10-1 para rematar por diante os primeiros dez minutos. Mantivose a igualdade no segundo cunha máxima vantaxe para Baskonia de cinco puntos (25-30) que recurtou o Obra antes do descanso (39-40).
No terceiro cuarto gran comezo de Daum con sete puntos seguidos que poñía en vantaxe aos de Moncho Fernández. Un toma e daca que chegou ata os últimos intres do partido cun empate a 74. Baskonia acadou un parcial de 0-6 (74-80) e acabou por sentenciar Vildoza, máximo anotador do partido con 23 puntos, cunha tripla decisiva (76-83).
-TVG-
No hay comentarios:
Publicar un comentario