domingo, 13 de marzo de 2022

Monbus Obradoiro Vs Bitci Baskonia /// Jornada 24 Temporada 21-22

 


Partido correspondiente a la jornada 24 de la Liga Endesa, disputado en el Fontes do Sar, ante 4.266 espectadores.

<<>>

FICHA TÉCNICA:

Monbus Obradoiro 81: Hobbs (3), Robertson (11), Scrubb (8), Ellenson (19), Birutis (19) – quinteto inicial – Vicedo (6), Okouo (-), Zurbriggen (0), Oliver (-), Beliauskas (22), P. Scrubb (0) y Muñoz (-).

Bitci Baskkonia 76Baldwin IV (20), Fontecchio (4), Giedraitis (13), Costello (10), Peters (4) – quinteto inicial – Raieste (1), Barrera (-), Sedekerskis (2), Marinkovic (2), Granger (3), Enoch (12) y Kurucs (5).

Árbitros: Juan Carlos García, Francisco Araña y Carlos Merino.

Parciales: 17-16, 16-14, 22-24 y 26-22. 




::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::



O Obradoiro conseguiu unha vitoria de prestixio diante do Baskonia que lle dá un pequeno respiro na pelexa por manter a categoría (81–76). Nun dos mellores encontros da temporada e apoiados no "efecto Sar", cun público que apertou moito, derrotaron un rival que viña nun gran momento. 

O primeiro tempo foi o da defensa. Moita igualdade, cos galegos engruñando os cadrís atrás  e impedindo que Baskonia anotase con facilidade. O Obra chegou a ter unha máxima vantaxe de oito puntos (29–21), pero a reacción vasca fixo que o partido chegase igualado ao descanso (33–30).

No terceiro cuarto volveron os oito puntos de diferenza (45–37). Pero Baskonia nunca se pode dar por morto e cun parcial final de 3–12 deixou todo no aire para o último cuarto (55–54). 

O partido estaba empatado a 63 cando Beliauskas, extraordinario durante os corenta minutos, anotou dúas triplas consecutivas e puxo o 71–63. Unha canastra de Ellenson e outra tripla de Beliauskas deixaban un 76–68 tranquilizador a dous minutos do final. Baskonia tentouno ata o último intre pero era o día do Obradoiro, que levou a oitava vitoria da temporada, a sétima como local. (TVG)


Crónica ACB

<<>>

No hay comentarios:

Publicar un comentario