martes, 23 de agosto de 2022

Monbus Obradoiro Vs Real Madrid Basket /// Jornada 32 Temporada 21-22

 


Partido correspondiente a la jornada 32 de la Liga Endesa, disputado en el Fontes do Sar, ante 5.415 espectadores.

<<>>



FICHA TÉCNICA:


Monbus Obradoiro 88: Hobbs (17), Robertson (12), Scrubb (15), Ellenson (9), Birutis (13) – quinteto inicial – Vicedo (6), Okouo (-), Oliver (-), Beliauskas (3), P. Scrubb (15), Muñoz (0) y Álex Suárez (5).

Real Madrid 89Williams-Goss (7), Causeur (0), Hanga (13), Yabusele (8), Tavares (6) – quinteto inicial – Núñez (-), Randolph (0), Abalde (10), Deck (6), Poirier (12), Llull (21) y Taylor (6). 

Árbitros: Carlos Peruga, Arnau Padrós y Esperanza Mendoza.

Parciales: 21-23, 23-23, 19-16 y 25-27






::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::



O Obradoiro non puido certificar a permanencia matemática a pesar de realizar un grande encontro contra o Real Madrid e terá que seguir buscando sumar nas vindeiras semanas para logralo.

Nun partido de máxima igualdade, os detalles decidiron o partido do lado branco. O xogador galego Alberto Abalde a falta de dúas décimas para o final do partido e co resultado a favor do Obradoiro palmeou un tiro de Llull que petara no aro para colocar o definitivo 88-89 no marcador.

O primeiro cuarto foi de dominio santiagués que, nun grande inicio, conseguiu vantaxes de ata seis puntos. O Real Madrid, con Poirier dominando o xogo interior, recuperou e acabou por diante grazas a unha tripla de Abalde (21-23). O segundo cuarto volveu estar na mesma liña de intensidade e acerto por parte dos dous equipos. As alternativas foron constantes co Obradoiro sempre metido no partido. Ao descanso o resultado era de 44-46. 

No terceiro cuarto os de Moncho Fernández volveron coller o dominio, marcharon durante varios treitos de ata cinco puntos pero nunca conseguiron rachar o partido. O último cuarto comezou cun 63-62 e toda a emoción. 

Parecía que o Real Madrid tiña o partido no peto cando a 3:50 para o final Llull anotaba unha tripla e Poirier facía un mate poñendo un +7 (77-84). Tres triplas do Obradoiro seguidas dábanlle a volta ao encontro cun 86-84 a 1:50 ... E a falta de 5 segundos Birutis machacaba o aro branco para poñer o 88-87. O Real Madrid volveu a tirar de experiencia e Abalde anotou a canastra decisiva.

-TVG-



Crónica ACB







No hay comentarios:

Publicar un comentario