Partido de la cuarta jornada de la Liga Endesa 2020/21 disputado a puerta cerrada en el Bilbao Arena de Miribilla.
<<>>
-ACB- |
FICHA TÉCNICA
RETAbet Bilbao Basket (19+28+21+31): Rousselle (16), Jaylon Brown (14), Zyskowski (12), Aaron Jones y Balvin (13) -cinco inicial-; Hakanson (12), Rigo (6), Alex Reyes (6), Kulboka (10) y Kingsley Moses (10).
Monbus Obradoiro (22+12+26+21): Pozas (6), Beliauskas (10), Czerapowicz (12), Daum (2) y Birutis (5) -cinco inicial-; Oliver (2), Robertson (17), Muñoz, Enoch (8), Cohen (13), Suárez (6) y Rafa García.Árbitros: Vicente Martínez, Juan de Dios Oyón y Jordi Aliaga. Sin eliminados.
:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
O Obradoiro coñeceu en Miribilla o sabor da derrota esta temporada. E esta tivo gusto doce no primeiro cuarto, ben liderados por Pozas -5 asistencias- e apuntalados polos sete puntos de Enoch, Obradoiro chegou a mandar por seis e pechou o cuarto tres arriba, 19 a 22. Pero aí tamén comezou a avinagrárselle o partido coa lesión nun nocello de Daum. Mais a desfeita, de verdade, chegou no segundo acto. Bilbao pasoulle por riba á segunda unidade do Obra. Nin intensidade, nin rebote, nin defensa, nin ataque. Cun desatado Brown, os vascos acumularon un parcial de 28-12 e marcharon 13 arriba ao descanso.
O segundo tempo foi un querer e non poder. Cando o buscaron por dentro con Birutis, toparon con Balvin e por fóra gañou o duelo Bilbao con Rouselle e Hakansson. A salientar o encontro de Hakansson. 12 puntos e 10 asistencias pra 24 de valoración. O sueco foi un pesadelo. E aínda que o Obra chegou a poñerse a seis ao final do terceiro cuarto, acabaría por perder por 18 de diferenza. 99-81. Robertson deixou 17 puntos e o choque o primeiro triunfo de Bilbao esta campaña.
-TVG-
<<>>
#obradoteca245
No hay comentarios:
Publicar un comentario