miércoles, 28 de octubre de 2020

Monbus Obradoiro Vs Valencia Basket /// J08 T20-21

 



 Partido correspondiente a la octava jornada de la Liga Endesa 2020-21 disputado en el Multiusos Fontes do Sar a puerta cerrada por las restricciones sanitarias de la covid-19.

<<>>

 

 


 

De un vistazo

 

FICHA TÉCNICA


77 – Monbus Obradoiro (21+12+22+22): Birutis (14), Robertson (11), Cohen (17), Czerapowicz (6), Pozas (2), -quinteto inicial- Muñoz (3), Oliver (6), Beliauskas (9), Enoch (4), Suárez (5).

78 – Valencia Basket (19+20+18+21): Marinkovic (14), Pradilla (16), Van Rossom (8), Tobey (11), San Emeterio (2), -quinteto inicial- Prepelic (0), Kalinic (6), Dubljevic (10), Williams (4), Hermansson (7).

Árbitros: Pérez, Serrano, Fernández.

 

 

 



:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
 
 


Visitaba Sar un equipazo e Monbus Obradoiro tivo a oportunidade de demostrar que non se vai esconder diante de ninguén. Os laranxas arrancaron o cunha defensa compacta e a parella Pradilla-Tobey facendo estragos mentres o Obradoiro acusaba a falta de acerto no lanzamento exterior. Tempo morto e reacción santiaguesa para acabar levándose o cuarto, 21 a 19, co soporte vital das triplas de Cohen e Beliauskas.

O segundo cuarto foi de alta intensidade física e o concurso do montenegrino Bojan Dubjevic foi determinante para que o marcador volvese devalar cara aos intereses valencianos. O Obra pelexou para non descolgarse de máis no marcador e Birutis foi collendo postura co paso dos minutos.

Ao descanso, 33-39. Birutis fai o que pode, mais é o novísimo Jaime Pradilla quen leva a iniciativa e un bo feixe de puntos para impulsar o seu equipo ata os 55-57 do terceiro cuarto.

Aventurábase un último parcial a cara de can e meu dito, meu feito. Durísimo o xogo debaixo dos aros e un Kassius Robertson que asume todo o protagonismo para recurtar distancias. Non cede Valencia e a catro minutos do final mantén unha renda de seis puntos. A volta de Cohen á cancha enchufa de novo o Obra e o marcador revira ata o 77-76 local.

Un palmeo de Dubjevic para aparafusar unha complicada bandexa de Van Rossom para o 77-78 a falta de só tres segundos. Momento encerado para Moncho Fernández e Robertson intentando o imposible. Atina e anota, mais fóra do tempo por unha milimétrica nisquiña. Un final ao xeito, malia a derrota, para un gran partido do equipo galego.
-TVG-

 
 

 
 
 
<<>>
 
 



No hay comentarios:

Publicar un comentario